jueves, 26 de noviembre de 2015

ACTIVIDADE 6. IMPRESORA 3D

Co tempo fomos vendo como, cada vez máis, empezouse a falar das impresoras 3D que permiten imprimir o que vemos no noso computador, a través dun proceso no que se utiliza diferente información, para que nós cheguemos a tela nas nosas mans. Isto loxicamente non é un proceso igual ao que se experimenta actualmente e non significa que se descargamos un arquivo imos poder imprimilo en tres dimensións. Para iso necesítase un proceso moito máis complexo.

O proceso de impresión tridimensional é, fundamentalmente, en ir creando un prototipo capa por capa e desde abaixo ata arriba. Para iso a máquina deposita unha capa de plástico en po, compáctase a zona que lle indica o computador e vólvese a repetir o proceso colocando unha capa sobre outra ata que se completa a peza.

As máis famosas impresoras tridimensionales o que fan é tomar un arquivo .CAD en .STL, que é unha versión en monocromo, ou un .VRML, que é unha versión a cor. Os dous realízanse co proceso anteriormente explicado, no que se van compactando capa a capa.

Hai dous tipos de impresoras 3D: de tinta e láser. As primeiras utilizan unha tinta que funciona como aglomerante e compacta o po e permiten imprimir en diferentes cores. Mentres que as segundas o que fan é transferir enerxía ao po que pasa a estar polimerizado (duro) e despois mergúllase nun líquido para que as zonas máis duras se solidifiquen.

Aínda a tecnoloxía en tres dimensións é algo moi precario e non funciona dunha maneira moi veloz. Por ese motivo a inclusión nos fogares está un pouco lonxe, aínda que está claro que aos poucos as diferentes compañías comezarán a preocuparse máis para poder ser os primeiros en distribuír esta nova tecnoloxía á que cada vez se lle está prestando máis atención.




No hay comentarios:

Publicar un comentario