viernes, 11 de diciembre de 2015

ACTIVIDADE 10

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE 10.
Os conceptos están definidos nas páxinas 51 e 53 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

  • Navegadores GPS. Busca unha imaxe na rede. 

    O GPS (Global Position System) é un sistema que permite determinar a posición dun obxecto ou dunha persoa, en calquera lugar do planeta, cunha precisión de poucos metros ou, incluso centímetros.
    A tecnoloxía GPS está baseada na utilización de 24 satélites cuxas órbitas están sincronizadas para cubrir toda a superficie terrestre.
    Os navegadores GPS dispoñen dun receptor GPS capaz de recibir os sinais dos satélites. Unha vez que o receptor ten o sinal de catro satélites, polo menos, o navegador é capaz de determinar cal é a súa posición por triangulación.
    Os navegadores dispoñen de cartografía e software específico para situar as coordenadas do GPS sobre o mapa, analizar as posibles rutas para chegar a un destino concreto e planificar a que consideren máis adecuada segundo os criterios que o usuario especifique. Ditos navegadores poden estar integrados, en vehículos e teléfonos intelixentes, ou ben como dispositivos independentes, sendo algúns dos modelos máis estendidos Navman e TomTom Navigator.




  • Google Glass. Busca unha imaxe na rede.

    Google Glass son unhas gafas de alta tecnoloxía, desenroladas por Google, que funcionan como asistente virtual utilizando realidade aumentada. Conectan ó usuario co seu teléfono intelixente a través da voz e a imaxe móstrase nunha pequena pantalla incorporada. Esta pantalla está conectada a unha cámara, un micrófono e un altofalante. Mediante unha conexión Wi-Fi e Bluetooth, as gafas poden comunicarse con outros dispositivos e aplicacións de Internet.
    Utilizan unha versión reducida do sistema operativo Android. Algunhas das súas aplicacións son tomar fotos, gravar vídeos, navegar por Internet e usar a maioría das aplicacións de Google.

        



  • Smart Watch. Busca unha imaxe na rede. 

    Un reloxo intelixente (SmartWatch) é un reloxo de pulseira que integra funcións similares ás dun teléfono intelixente ou un ordenador portátil. Utiliza a tecnoloxía Wi-Fi, Bluetooth ou conexión móbil para conectarse a Internet e intercambiar información con outros dispositivos.
    Estes dispositivos poden incluir características como un acelerómetro, altímetro, barómetro, compás, cronógrafo, equipo de mergullo, calculadora, teléfono móbil, GPS, pantalla gráfica, altofalante, axenda, etc.
    Por outro lado, estes reloxos inclúen o seu propio sistema de aplicacións, que adoitan estar relacionados coa saúde e o deporte, a produtividade, os contidos multimedia, os xogos e o acceso a redes sociais.
      

jueves, 3 de diciembre de 2015

ACTIVIDADE 8

ACTIVIDADE 8

Crea unha nova entrada (ou publicación) no teu blog co nome ACTIVIDADE8.

Os conceptos están definidos na páxina 48 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

(0.75 puntos) Tarxeta de rede. Busca imaxe ou imaxes na rede onde aparezan identificados os conectores.

                           


         Conector RJ-45
Para que un ordenador poida establecer comunicación con outros ordenadores ou dispositivos, debe dispoñer dunha tarxeta ou adaptador de rede (hardware) e, por suposto, ter instalado o seu controlador (software) no sistema operativo para que se poida utilizar.
As tarxetas de rede tamén son denominadas NIC (Network Interface Card), posto que ofrecen unha interface de rede, cuxo conector é distinto dependendo do tipo de cableado; o máis utilizado é o conector RJ-45, necesario para o cableado UTP.
Tamén existen tarxetas de rede inalámbricas que transmiten a información por ondas electromagnéticas e, por tanto, non necesitan conectores nin cables. Estas tarxetas poden levar unha pequena antena para aumentar a intensidade de sinal e mellorar así a transferencia.

(0.75 puntos) Concentrador e conmutador. Busca unha imaxe de cada un na rede.



 





Os concentradores e os conmutadores son dispositivos que interconectan os cables dunha rede. A función de cada un é a seguinte.
  • Concentrador ou hub. A este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador ou dispositivo, actuando de ponte. Cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a rexeite.
  • Conmutador ou switch. Ten características similares ó hub, pero con algunhas outras funcións engadidas. Unha delas é que, a parte de servir de ponte para a conexión de todos os ordenadores, é capaz de identificar os equipos que ten conectados, polo que non necesita enviar a información a todos eles, senón só ó destinatario. Evítase así sobrecargar a rede e a colisión de datos. Outra diferencia é que, ademais de equipos, permite interconectar redes do mesmo tipo.
Na actualidade, utilízanse maioritariamente os switch, que adoitan ofrecer, ademais dos conectores RJ-45 para redes cableadas, tecnoloxía Wi-Fi para conexións inalámbricas.

(0.5 puntos) Punto de acceso. Busca unha imaxe na rede.

                                              


É unha rede de área local cableada, tamén é posible instalar un punto de acceso inalámbrico de xeito que, ademais dos ordenadores conectados por cable, póidanse conectar á rede outros dispositivos de xeito inalámbrico.

(1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as súas partes.











       
              
        RJ-45                                                                                                   ST

O cable é un dos medios de conexión utilizado nas redes para transmitir datos. Existen diferentes tipos de cable:
Cableado coaxial. Está formado por un hilo condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar ó que se usa para a antena de televisión, aínda que actualmente está en desuso.
Cableado de par trenzado. Está constituído por catro pares de hilos. Cada par está entrelazado para diminuír a interferencia eléctrica e evitar que se una a sinal entre os pares. Dentro deste cableado distínguense os seguintes tipos:
  • -UTP. É un cable non apantallado. É de baixo coste pero sensible a interferencias, polo que produce máis erros que outros cables.
  • -STP. É un cable apantallado, é dicir, ten unha malla metálica ó redor que o protexe das interferencias electromagnéticas.
  • -FTP. É un cable apantallado con blindaxe global que posúe unha pantalla condutora en forma trenzada. Mellora a protección fronte ás interferencias con respecto ás anteriores.
 
                                             



                                             PAR TRENZADO APANTALLADO
 

Existen diversas categorías de cables, dependendo da súa velocidade de transmisión. As que están en uso son: categoría 5 (100 Mbps), categoría 6 (1 Gbps) e categoría 8, que está en fase de desenvolvemento. O cableado de par trenzado utiliza conectores RJ-45.
Cable de fibra óptica. É unha fibra moi fina de material transparente, vidro ou material plástico, pola que se envía un feixe de luz. Estes cables constan dun grupo de fibras ópticas protexidas con hiladuras de aramida para facelos resistentes á tracción, ademais de estar protexidos por varios revestimentos. Os conectores máis utilizados na fibra óptica para redes de área local son ST, LC, FC e SC.
                           


                                
 

                                                              FIBRA ÓPTICA