viernes, 11 de diciembre de 2015

ACTIVIDADE 10

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE 10.
Os conceptos están definidos nas páxinas 51 e 53 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

  • Navegadores GPS. Busca unha imaxe na rede. 

    O GPS (Global Position System) é un sistema que permite determinar a posición dun obxecto ou dunha persoa, en calquera lugar do planeta, cunha precisión de poucos metros ou, incluso centímetros.
    A tecnoloxía GPS está baseada na utilización de 24 satélites cuxas órbitas están sincronizadas para cubrir toda a superficie terrestre.
    Os navegadores GPS dispoñen dun receptor GPS capaz de recibir os sinais dos satélites. Unha vez que o receptor ten o sinal de catro satélites, polo menos, o navegador é capaz de determinar cal é a súa posición por triangulación.
    Os navegadores dispoñen de cartografía e software específico para situar as coordenadas do GPS sobre o mapa, analizar as posibles rutas para chegar a un destino concreto e planificar a que consideren máis adecuada segundo os criterios que o usuario especifique. Ditos navegadores poden estar integrados, en vehículos e teléfonos intelixentes, ou ben como dispositivos independentes, sendo algúns dos modelos máis estendidos Navman e TomTom Navigator.




  • Google Glass. Busca unha imaxe na rede.

    Google Glass son unhas gafas de alta tecnoloxía, desenroladas por Google, que funcionan como asistente virtual utilizando realidade aumentada. Conectan ó usuario co seu teléfono intelixente a través da voz e a imaxe móstrase nunha pequena pantalla incorporada. Esta pantalla está conectada a unha cámara, un micrófono e un altofalante. Mediante unha conexión Wi-Fi e Bluetooth, as gafas poden comunicarse con outros dispositivos e aplicacións de Internet.
    Utilizan unha versión reducida do sistema operativo Android. Algunhas das súas aplicacións son tomar fotos, gravar vídeos, navegar por Internet e usar a maioría das aplicacións de Google.

        



  • Smart Watch. Busca unha imaxe na rede. 

    Un reloxo intelixente (SmartWatch) é un reloxo de pulseira que integra funcións similares ás dun teléfono intelixente ou un ordenador portátil. Utiliza a tecnoloxía Wi-Fi, Bluetooth ou conexión móbil para conectarse a Internet e intercambiar información con outros dispositivos.
    Estes dispositivos poden incluir características como un acelerómetro, altímetro, barómetro, compás, cronógrafo, equipo de mergullo, calculadora, teléfono móbil, GPS, pantalla gráfica, altofalante, axenda, etc.
    Por outro lado, estes reloxos inclúen o seu propio sistema de aplicacións, que adoitan estar relacionados coa saúde e o deporte, a produtividade, os contidos multimedia, os xogos e o acceso a redes sociais.
      

No hay comentarios:

Publicar un comentario